Blogia
d i e g o Giráldez

GUÍA sobre a obra porriñesa de Antonio Palacios

GUÍA sobre a obra porriñesa de Antonio Palacios O Primeiro Tenente de Alcalde, responsable de Industria, Comercio e Turismo, Iván Vaqueiro, informou hoxe da concesión por parte da Xunta de Galicia dunha subvención destinada á elaboración dunha guía adicada ó arquitecto porriñés Antonio Palacios Ramilo, e na que se informará aos visitantes das diferentes obras de Antonio Palacios no Porriño e en Galicia.

Vaqueiro manifestou que o seu departamento traballa dende hai dous anos en distintos proxectos adicados a promocionar a obra de Antonio Palacios, o xenial arquitecto porriñés e potenciar o seu coñecemento a nivel galego, estatal e internacional. Froito destas iniciativas, o Concello está a potenciar un proxecto conxunto con nove municipios de Galicia onde Antonio Palacios realizou os seus proxectos, para crear unha ruta turística denominada “Ruta Palacios”.

Nestes intres, este proxecto agarda impulsar definitivamente a súa constitución tras unha nova reunión que se realizará no mes de setembro e na que se lle solicitará á Xunta de Galicia apoio económico para poñer en marcha este proxecto co que dar a coñecer a un dos máis importantes arquitectos galegos e españois do século XX.

Segundo Iván Vaqueiro, “Palacios é non só un referente por ter sido un dos máis importantes arquitectos de España, senon por ser o gran difusor do granito galego nas súas obras, dando a coñecer así un material que posteriormente acadou fama mundial. É polo tanto, unha maneira de potenciar tanto a súa figura como un dos nosos sectores estratéxicos como é o granito.”

Por outra parte, o Teniente Alcalde informou que a guía será presentada nun acto público que se celebrará o vindeiro 23 DE SETEMBRO na Casa de Cultura do Porriño

0 comentarios